jueves, 17 de febrero de 2011

Vacacións 3º día




Chega o tercer día, o derradeiro, e imos despedirnos con emocións fortes. Imos ir a un parque de tirolinas. Eu xa fun a un o ano pasado e encatoume así que este ao decidín repetir e convencín aos meus pais e a miña curma, aínda hoxe non me explico como, a ir. Eu decidín ir co meu pai. Da miña nai e da miña curma no me fio moito, de feito me pregunto se ao final subiran ou non. Levarei a cámara para ter probas do deleito. Vai ser o mellor día de todas as vacacións.

Despois, á tardiña, temos pensado darnos unha volta por Soria e cear na cidade de Machado como gran despedida. Nesta páxina podedes encontrar información:
http://www.sorianitelaimaginas.com/


É unha pena que isto se remate mais como todo, todo toca ao seu fin aínda que teño un consolo, volvo á miña Galicia. Esa Galicia de praias paradisisiacas e eterna humidade.



http://www.soriaventura.com/HTML/WEB/contenidos/amogable_parque_cuerdas_circuitos.html

martes, 15 de febrero de 2011

Vacacións 2 día







Hoxe imos facer unha ruta. A miña familia, incluida eu, encántalle o senderismo así que temos pensado ascender ata as lagunas de orixe glaciar del período cuaternario. Así as cadelas aproveitan e fan exercicio. Como é unha ruta moi longa, miña nai preparou uns bocatas para a comida.

O primer tramo (aproximadamente dous kilómetros) é moi sinxelo xa que é unha estrada asfaltada (se queres tamén podes subir en autobús, aínda que é moito máis recomendable subir andando para así poder contemplar os neveros e os regatos que discurren pola beira da estrada). Ao final da estrada hai un camiño adoquinado que leva a primeira laguna, a Laguna Negra. Unha pasarela arrodea unha das orillas da laguna, deixándonos contemplar ata o máis mínimo detalle desta fantasía da natureza. Ao final desta hai un camiño que ascende pola montaña e que leva ao resto de lagunas.

http://www.google.es/url?q=http://www.trotamontes.org/marcourbion.htm&sa=U&ei=7htZTe7yO8PRhAfT2MnIDA&ved=0CCEQFjAI&usg=AFQjCNH2hBhCAMezazkG2eOKV6vcAxCv5w

Según contan, a laguna ten moitas lendas entre elas que no ten fondo. Chegan a dicir comunicase co mar mediante covas e correntes subterráneas. Tamén dín que hai un ser que vive no seu fondo e que devora todo o que cae nela, entre elas. Espero que nos non seamos un deses desafortunados.

Tras unha longa camiñata non hai máis que un merecido descanso así que pasaremos as últimas horas na piscina e no embalse de la Cuerda del Pozo. Nel hai unha praia, a praia de Pita. Se antes encantabanme as praias de Galicia e as consideraba as mellores do mundo, agora non podo facer outra cousa que reafirmarme con rotundidade.

http://www.embalses.net/pantano-125-cuerda-del-pozo.html


Vacacións






  • 1º día

Este ano temos pensado ir tres días de vacacións a Soria. Nunca estiven alí e varias persoas dixeronme que era un sitio moi bonito así que xa esta decidido. Este ano, camiño a Soria.
http://www.youtube.com/watch?v=FE_x9-krvl4

Decidimos erguernos cedo e así chegar alí pronto para acampar e pola tarde poder ir a ver o Cañón do Río Lobos, un parque natural e zona de protección especial de aves. O seu relevo é espectacular e ademais no seu interior e arredores se conserva un valioso conxunto artístico e aldeas tradicionais como son a ermita de San Bartolomé, Ucero, San Leonardo e El Burgo de Osma. Tamén hai pinturas rupestes e covas para facer expeoloxía pero non nos va dar tempo de velas así que queda para outra vez.

http://www.soriaventura.com/HTML/WEB/contenidos/galiana.html

http://www.canonderiolobos.com/paginas/canon.htm

http://soria-goig.com/Rutas/pag_0419.htm